Tuesday, June 26, 2007

Dous días de pesca

Non está a ser éste un moi bo ano en canto a capturas. A verdade é que o tempo que tivemos ata o de agora non invitaba a practica-la pesca con mosca seca. Pero atención maña e pasado que temblen as troitas, Meteogalicia contoume que vai facer solete e que as eclosións se sucederán unha tras outra. Moscas, vadeador, cana e ó río... O venres cóntovos como me foi.