Thursday, June 19, 2008

O mellor está por vir

Como lin nalgún blog, a pesca non é o principal nesta vida, pero case. Pois algunha desas poucas cousas que están por enriba da pesca está a facer que non dispoña de todo o tempo que me gustaría para pisar ribeiras. As saidas son poucas o que fai que desfrute moito dos intres de pesca. A verdade é que o caudal que ata o de agora levaban os ríos axudaba a que a tentación fose menor.
Pois iso, que ainda sen ter moito tempo estiven nos ríos Rodil, Mandeo, Sarria.
Ésta semana xa con mais tempo agardo atoparme novamente con troitas riojanas no Najerilla, facer a primeira incursión ó Neira e para rematar, ainda que sen cana, descenderei o Sella placidamente en canoa.

Saturday, March 29, 2008

Comezo da tempada.

O comezo da tempada atopoume na Rioja, polo que aproveitei para coñecer un pouco os ríos da zona. Ata o de agora soio coñecía o rio Oja que como podedes deducir é o que lle da nome á comunidade. Éste río está lonxe de ser aquel do que todos falaban maravillas, sobor de todo polo escueto caudal que presenta. Incluso en certos tramos a pouca auga que leva vai soterrada nun chan pedregoso. Ainda así conserva certas pozas de auga cristalina nas que se pode ver algunha troita de boa talla.
Tamén pesquei no Tirón e no Najerilla que é o mais sonado da zona...