Thursday, March 30, 2006

Mal tempo.

Non hai moito as conversas e preocupacións da xente xiraban entorno á seca e ó cambio climático que tiñamos enriba. O sol instalaríase no noroeste peninsular e os paraugueiros irían a pique. Pouco menos que nos convertiriamos nun deserto deixando de ser a cor verde a nosa seña de identidade. Auga, cando virá a auga...
E a auga chegou... Está aquí e como se sinte cómoda parece que nos vai acompañar unha boa tempada. Agora fálase de que xa é dabondo, que tal, que sei eu...

Que chova, e sorte para os miñoqueiros, que estamos no tempo.

Tuesday, March 14, 2006

A miña troita.

Falando de pesca todos temos mil historias que contar. Anécdotas maís ou menos curiosas, momentos de enorme ledicia e troitas que sempre nos acompañarán. Cada pescador ten algunha troita que sempre vai con el no camiño da vida.
A troita do meu amigo Paredes ven pode ser auquela que colleu no río Narla cando ainda estabamos no seminario, con trece ou catorce anos, subía dos dous kilos...
A troita do Emilio é outra de tamén maís de dous kilos que pescou nunha ocasión, e da que se lembra cada vez que tanxencialmente se trata calquer tema de pesca.
Curiosamente a miña troita é aquela que cando eu contaba 12 anos, na Ponte do muiño, en Podente, cheguei a levantar fora da auga, non podendo collela debido a que se desfixo o inocente no que lle fixera ó anzó. Mediría uns 10 cm, e sen embargo é a troita que sempre me acompañará, é a miña troita...

Monday, March 13, 2006

Novas iluións.

Está a piques de comezar a nova tempada. Miles de pescadores xa conviven con ese formigueo que se sinte nas vísperas de tan trascendental intre. Repásanse unha e mil veces os materiais, polas noites revívense eses mellores lances de anos anteriores. É unha forma de vida, un tesouro máxico que cada un leva dentro.
Ánimo, que xa están ahí.

Ismael.