Tuesday, March 14, 2006

A miña troita.

Falando de pesca todos temos mil historias que contar. Anécdotas maís ou menos curiosas, momentos de enorme ledicia e troitas que sempre nos acompañarán. Cada pescador ten algunha troita que sempre vai con el no camiño da vida.
A troita do meu amigo Paredes ven pode ser auquela que colleu no río Narla cando ainda estabamos no seminario, con trece ou catorce anos, subía dos dous kilos...
A troita do Emilio é outra de tamén maís de dous kilos que pescou nunha ocasión, e da que se lembra cada vez que tanxencialmente se trata calquer tema de pesca.
Curiosamente a miña troita é aquela que cando eu contaba 12 anos, na Ponte do muiño, en Podente, cheguei a levantar fora da auga, non podendo collela debido a que se desfixo o inocente no que lle fixera ó anzó. Mediría uns 10 cm, e sen embargo é a troita que sempre me acompañará, é a miña troita...

No comments: