Thursday, June 19, 2008

O mellor está por vir

Como lin nalgún blog, a pesca non é o principal nesta vida, pero case. Pois algunha desas poucas cousas que están por enriba da pesca está a facer que non dispoña de todo o tempo que me gustaría para pisar ribeiras. As saidas son poucas o que fai que desfrute moito dos intres de pesca. A verdade é que o caudal que ata o de agora levaban os ríos axudaba a que a tentación fose menor.
Pois iso, que ainda sen ter moito tempo estiven nos ríos Rodil, Mandeo, Sarria.
Ésta semana xa con mais tempo agardo atoparme novamente con troitas riojanas no Najerilla, facer a primeira incursión ó Neira e para rematar, ainda que sen cana, descenderei o Sella placidamente en canoa.

Saturday, March 29, 2008

Comezo da tempada.

O comezo da tempada atopoume na Rioja, polo que aproveitei para coñecer un pouco os ríos da zona. Ata o de agora soio coñecía o rio Oja que como podedes deducir é o que lle da nome á comunidade. Éste río está lonxe de ser aquel do que todos falaban maravillas, sobor de todo polo escueto caudal que presenta. Incluso en certos tramos a pouca auga que leva vai soterrada nun chan pedregoso. Ainda así conserva certas pozas de auga cristalina nas que se pode ver algunha troita de boa talla.
Tamén pesquei no Tirón e no Najerilla que é o mais sonado da zona...

Tuesday, June 26, 2007

Dous días de pesca

Non está a ser éste un moi bo ano en canto a capturas. A verdade é que o tempo que tivemos ata o de agora non invitaba a practica-la pesca con mosca seca. Pero atención maña e pasado que temblen as troitas, Meteogalicia contoume que vai facer solete e que as eclosións se sucederán unha tras outra. Moscas, vadeador, cana e ó río... O venres cóntovos como me foi.

Thursday, March 30, 2006

Mal tempo.

Non hai moito as conversas e preocupacións da xente xiraban entorno á seca e ó cambio climático que tiñamos enriba. O sol instalaríase no noroeste peninsular e os paraugueiros irían a pique. Pouco menos que nos convertiriamos nun deserto deixando de ser a cor verde a nosa seña de identidade. Auga, cando virá a auga...
E a auga chegou... Está aquí e como se sinte cómoda parece que nos vai acompañar unha boa tempada. Agora fálase de que xa é dabondo, que tal, que sei eu...

Que chova, e sorte para os miñoqueiros, que estamos no tempo.

Tuesday, March 14, 2006

A miña troita.

Falando de pesca todos temos mil historias que contar. Anécdotas maís ou menos curiosas, momentos de enorme ledicia e troitas que sempre nos acompañarán. Cada pescador ten algunha troita que sempre vai con el no camiño da vida.
A troita do meu amigo Paredes ven pode ser auquela que colleu no río Narla cando ainda estabamos no seminario, con trece ou catorce anos, subía dos dous kilos...
A troita do Emilio é outra de tamén maís de dous kilos que pescou nunha ocasión, e da que se lembra cada vez que tanxencialmente se trata calquer tema de pesca.
Curiosamente a miña troita é aquela que cando eu contaba 12 anos, na Ponte do muiño, en Podente, cheguei a levantar fora da auga, non podendo collela debido a que se desfixo o inocente no que lle fixera ó anzó. Mediría uns 10 cm, e sen embargo é a troita que sempre me acompañará, é a miña troita...

Monday, March 13, 2006

Novas iluións.

Está a piques de comezar a nova tempada. Miles de pescadores xa conviven con ese formigueo que se sinte nas vísperas de tan trascendental intre. Repásanse unha e mil veces os materiais, polas noites revívense eses mellores lances de anos anteriores. É unha forma de vida, un tesouro máxico que cada un leva dentro.
Ánimo, que xa están ahí.

Ismael.

Thursday, November 24, 2005

A pesca do escalo.-

Xa sabemos que a pesca do escalo non está nin moito menos tan valorada como se vas a pescar unhas troitas xeitosas, pero tampouco hai que despreciala tanto. Eu teño pasado moi boas xornadas de pesca sacando eses pequenos peixes do río con corcho e tendo innumerables picadas, podendo coller un número importante deles, que para un pescador pouco ou nada experto en coller troitas, é máis ca suficiente. E sei que á hora de botalos á tixola non son nin moito menos como as troitas, pero non saben tan mal como a fama que teñen. Se é unha persoa que lle guste o pescado en xeral, recomendolle que eses escalos que colle o despiste, no canto de tiralos ou botarllos ó gato, que probe a adobalos ben con sal, que os reboce en fariña e os frita con aceite e con un pedaciño de unto no medio, e o mellor leva unha sorpresa máis que agradable no plato, sobre todo se son peixes pequenos. Estou totalmente dacordo ca opinión de que os peixes tipo BlackBass e Carpa e etc etc son nin máis nin menos que unha plaga. Saludos ós que amamos os nosos ríos e os meus parabéns o creador da páxina.



Luís.

E Ó FINAL, ¿QUÉ CARALLO PESCAMOS?

Un día calquera, día de pesca naturalmente, pegaste o madrugón, colle-lo coche, e far unha morea de kilómetros pra chegar a un río que non coñeces<, pero tes ganas de probar algún río novo, xa que no que acostumbras
a pescar non che esta indo moi ben, e unha boa pescata ben val a pena.

O río ten boa pinta, auga limpa e un monton de natureza que te rodea, así que,k saca-los apeiros e disposte a pescar unhas boas troitas, que de seguro están esperando o cebo do teu anzol.

¡E xa temos a primeira picada!, pero... ¿qué será o que anda a tirar do noso sedal e fai que se mova a nosa punteira?. Ben podía ser un salmón, ou un reo (por aqueles que teñen a correspondiente licencia),
pero o normal e que sea unha troita, ainda que unha anguía tamen estaría ben (e que ricas están).

Pero a decepción non tarda en salir da auga cando levantamos a cana e vemos que o que co0lga do outro lado e un escalo. ¿Qué se lle vai facer?, pois nada, seguir pescando que algunha troita ten que haber...
¡pero siguen salindo escalos!
Isto podelle pasar a calquera xa que os escalos están "metidos" en moitos ríos, e digo "metidos" porque eses peixes non estaban ahí, e alguén os botou, e agora, lonxe de poder controla-los, son maioría en moitos ríos e augas embalsadas.

Pero non son os únicos que sobran, porque se vas coa cana a algunhos dos nosos embalses coa intención de pilla-la "troita vella" (que ninguén veu, pero habela haila), pode que en vez de troitas saques escalos,
panchas, carpa roxa, black-bars, ou as carpas esas que son verdes, grandes, e feas (o cangrexo americano non fai falla pescalo, ese anda por dentro e por fora da auga e collese coa man). ¿Pero quen bota todo
isto?, e ¿non hai maneria de frea-lo de esas especies que a maioría detestamos?.

Os nosos ríos son limpos, polo menos de momento, e fermosos, como fermosas son as nosas troitas ¿pra qué botan eses peixes que van contra delas?.

Pero como todo pode ir a peor pode que nalgunha desas enganchadas do noso anzol, en vez de peixe saquemos un botye de refresco, ou un papel de aluminio, procedente da merenda dalgún porco (con todo o respeto a ese animal que con tanto agarimo
engordamos nos nosos cortellos, e sin o cal non se entendería a nosa Galicia) que foi a "pescar" e que non se percata de que o río estaba máis limpo cando el chegou que cando marchou. Se non sabe levar o lixo que el mismo trouxo, e
mellor que non vaia ó río, ou que merende na casa.

O caso é pescar, pero... ¿qué carallo pescamos?


Cesar de Vitre.