Thursday, November 24, 2005

A pesca do escalo.-

Xa sabemos que a pesca do escalo non está nin moito menos tan valorada como se vas a pescar unhas troitas xeitosas, pero tampouco hai que despreciala tanto. Eu teño pasado moi boas xornadas de pesca sacando eses pequenos peixes do río con corcho e tendo innumerables picadas, podendo coller un número importante deles, que para un pescador pouco ou nada experto en coller troitas, é máis ca suficiente. E sei que á hora de botalos á tixola non son nin moito menos como as troitas, pero non saben tan mal como a fama que teñen. Se é unha persoa que lle guste o pescado en xeral, recomendolle que eses escalos que colle o despiste, no canto de tiralos ou botarllos ó gato, que probe a adobalos ben con sal, que os reboce en fariña e os frita con aceite e con un pedaciño de unto no medio, e o mellor leva unha sorpresa máis que agradable no plato, sobre todo se son peixes pequenos. Estou totalmente dacordo ca opinión de que os peixes tipo BlackBass e Carpa e etc etc son nin máis nin menos que unha plaga. Saludos ós que amamos os nosos ríos e os meus parabéns o creador da páxina.



Luís.

No comments: